Axuste completo

  • Guitarra acústica: 30€
  • Guitarra eléctrica ou baixo: 35€
  • Guitarra con Floyd Rose: 60€
  • Só unha parte do axuste, por exemplo, “axuste do alma”: 15€
  • Só unha parte do axuste” nunha guitarra con Floyd Rose: 25€
  • O axuste completo inclúe: Hidratado do diapasón, altura da pestana (cejuela) e selletas, axuste do alma, octavación, altura de pastillas e cambio de cordas.
  • Axuste do ángulo do mango en guitarras de mango atornillado: 30€

Cordas non incluidas.

Trastes

  • Nivelado e recoronado dos trastes: 80€
  • Retrastear un diapasón de ébano, palorosa ou outras madeiras escuras: 160€
  • Retrastear un diapasón con binding: 180€
  • Retrastear un diapasón de arce respectando o verniz: 180€
  • Retrastear un diapasón de arce, incluido vernizado: 220€
  • Retrastear un diapasón tipo gibson, respectando e/ou reconstruíndo os “nibs”: 250€
  • Cambio de radio e retrasteo dun diapasón de madeira escura: 200€
  • Cambio de radio e retrasteo dun diapasón de arce (inclúe vernizado a nitrocelulosa): 240€

Trastes incluídos. As modificacións da cejuela necesarias tras o traballo de trastes están incluídas no prezo, así coma os axustes de alma e altura de cordas.

Pestanas (cejuelas) e selletas:

  • Pestana de óso: 30€
  • Outros materiais: Consultar orzamento
  • 12 cordas: Suplemento de 15€
  • Selleta para acústica ou clásica: 30€
  • Sistema traste cero ou “zero glide”: 35€

Electrónica:

  • Apantallado do circuito: 30€
  • Cambio de pastillas: 25€ + 5€ por pastilla adicional
  • Cambio de compoñentes: 10€ + 5€ por compoñente adicional.
  • Recableado do circuito: 35€

Pastillas, potenciómetros, condensadores e outros elementos non incluidos. Cables incluidos.

Ferraxes:

  • Cambio de clavixeiro sen modificación da pala: 10€
  • Cambio de clavixeiro con modificación da pala: 25€
  • Cambio de ponte sen modificación do corpo: 10€
  • Cambio de ponte con modificación do corpo: Consultar orzamento.
  • Cromado de ferraxes: consultar orzamento.

Pontes, clavixas e outros ferraxes non incluidos.

Verniz:

  • Vernizado nitrocelulosa: 400€
  • Vernizado nitrocelulosa sunburst: 480€
  • Vernizado gomalaca “pulido francés”: 450€

Estes prezos refírense a un instrumento completo, para vernizar unha parte do instrumento consultar orzamento. Para acabados ao aceite ou cera consultar orzamento.

Reparación de roturas ou partes despegadas:

  • Colado de ponte despegada en guitarra clásica ou acústica: 40€
  • Despegado + colado de ponte en guitarra clásica ou acústica: 60€
  • Fabricación e colado dunha ponte nova a medida para guitarra clásica ou acústica: 100€
  • Colado de tapas ou fondos despegados: 50€
  • Colado de fisura na zona da pala, que non se ve afectada pola tensión das cordas: 40€
  • Colado de roturas na xuntura entre pala e mango, sen vernizar: 150€
  • Colado de roturas na xuntura entre pala e mango, vernizado incluido: 320€

Outros:

  • Cambio de golpeador por un prefabricado: 10€ (golpeador non incluido)
  • Cambio de golpeador por un personalizado: 50€ (material incluido)
  • Substitución de cenefa ou binding: 150€
  • Cambio de diapasón (entrastado incluido): 460€

Nota: O cambio de diapasón é unha obra complexa e que leva consigo moitas horas de traballo. Despegar o diapasón antigo non é tarefa facil e hai algúns diapasóns que ofrecen máis resistencia que outros. Ademáis pode requerir de tempo adicional realizando un novo acabado sobre o mango, o que supón un incremento no orzamento. Tamén hai que volver a entrastar e nivelar os novos trastes. A guitarra, moi probablemente, terá un tacto diferente ao tacto orixinal.


Para calqueira outro axuste ou reparación que non estén reflexados nesta lista de prezos, ponte en contacto conmigo a través do mail mdomatoluthier@gmail.com ou do teléfono 633098686.

Tódolos prezos inclúen o IVE.

Advertisements